Tras a presentación inicial dos resultados, xa está dispoñible para a súa consulta e descarga o informe completo da investigación "As vivencias nas Relacións entre mulleres". Este documento nace da preocupación por visibilizar unha realidade que a miúdo permanece oculta.
Nace REDE ProfesionaL*, a primeira comunidade en Galicia deseñada para conectar, compartir coñecementos e crear oportunidades para mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas non binarias. Descobre as nosas liñas de acción e únete ao proxecto!
Chega o Orgullo a Vigo! Presentámosche catro citas imprescindibles do 14 ao 21 de xuño: Día en familia no Monte Vixiador, coloquio sobre saúde NB, teatro playback en A Morada e a clásica pedalada con vermú transmaricabibollo. Descobre todas as datas e únete á celebración.
Malia non haber festa final tras a manifestación deste ano, Vigo non queda sen Orgullo. Unimos forzas co tecido asociativo da cidade para organizar un mes con máis de 15 actividades: cultura, memoria, debate e celebración nas rúas. Consulta aquí o calendario completo e faino teu!
Este ano non haberá Festa DiversXs. As trabas burocráticas, o afogo económico e a necesidade de coidar a nosa rede de voluntariado obrígannos a facer un parón loxístico. Dóenos profundamente, pero o Orgullo é moito máis ca unha festa: a manifestación mantense. Grazas por seguir facendo comunidade.
Dende Nós Mesmas lanzamos unha nova investigación sobre as vivencias nas relacións sáficas en Galicia. Se es muller (+18) e tiveches ou tes vínculos con outras mulleres, participa neste estudo anónimo. A túa voz é clave para xerar coñecemento propio!
ACTIVIDADES NOS MESMASadmin2026-04-25T09:28:10+00:00
