O vindeiro 25 de abril chega á Morada (Vigo) o Festival LBTIQ+ da man da nosa Presidenta Bollera! Cultura radical, visibilidade, música con Ailen Kendelman e Lucía Aldao, xantar colectivo, DragKing Bingo e sesións DJ cuirs. Consulta o programa completo e reserva a túa entrada de balde!
O vindeiro 25 de abril celebramos en Vigo o II Festival Cultural LBTIQ+. Unha xornada con entrada de balde na que a nosa Presidenta Bollera promete cultura radical, vicio e visibilidade fronte á política rancia. Reserva a túa praza na Morada e únete ao plan de goberno máis marimacha do ano!
O vindeiro sábado 18 de abril, Vigo acollerá o noso I Torneo de Pádel Inclusivo e Participativo polo Día da Visibilidade Lésbica. Non importa o teu nivel, o obxectivo é facer deporte, rir e compartir un xantar de irmandade despois. Consulta os detalles e inscríbete xa!
Hai seis meses naceu "+ Visibles, - Violencias", unha resposta de emerxencia para construír refuxios seguros onde as institucións calan. Descobre como estamos a ofrecer atención psicolóxica e xurídica especializada para mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas non binarias.
Impulsa a túa procura de emprego coa nosa formación gratuíta en competencias dixitais! Lanzamos dous módulos sobre uso de redes sociais e buscadores de emprego en marzo e abril. Facilitamos o material e daremos certificado oficial. Inscríbete xa e conecta co teu futuro profesional.
En Nós Mesmas estamos de mudanza! Estreamos nova web, un espazo máis accesible e organizado para compartir as nosas novas, actividades e recursos. O noso antigo blog queda como arquivo histórico de consulta, e a partir de agora toda a nosa actividade estará centralizada aquí. Benvidas á nosa nova casa dixital!
ACTIVIDADES NOS MESMASadmin2026-04-25T09:28:10+00:00
