obxectivo
O obxectivo da Asociación Nós Mesmas é mellorar as condicións de vida das persoas LGTBI+ e, especialmente, das mulleres lesbianas, bisexuais e persoas trans en situación de vulnerabilidade.
Traballamos polo seu empoderamento social e político mediante a sensibilización, a denuncia, a acción educativa e a visibilidade, co fin de ser unha ferramenta efectiva para xerar un cambio positivo no colectivo.
Algúns dos nosos servizos
ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS
Tras a presentación inicial dos resultados, xa está dispoñible para a súa consulta e descarga o informe completo da investigación "As vivencias nas Relacións entre mulleres". Este documento nace da preocupación por visibilizar unha realidade que a miúdo permanece oculta.
Nace REDE ProfesionaL*, a primeira comunidade en Galicia deseñada para conectar, compartir coñecementos e crear oportunidades para mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas non binarias. Descobre as nosas liñas de acción e únete ao proxecto!
Chega o Orgullo a Vigo! Presentámosche catro citas imprescindibles do 14 ao 21 de xuño: Día en familia no Monte Vixiador, coloquio sobre saúde NB, teatro playback en A Morada e a clásica pedalada con vermú transmaricabibollo. Descobre todas as datas e únete á celebración.
Malia non haber festa final tras a manifestación deste ano, Vigo non queda sen Orgullo. Unimos forzas co tecido asociativo da cidade para organizar un mes con máis de 15 actividades: cultura, memoria, debate e celebración nas rúas. Consulta aquí o calendario completo e faino teu!

