Informe Completo da Investigación: «As vivencias nas Relacións entre mulleres»

Informe Completo da Investigación: «As vivencias nas Relacións entre mulleres»
Tras a presentación inicial dos resultados, xa está dispoñible para a súa consulta e descarga o informe completo da investigación «As vivencias nas Relacións entre mulleres». Este documento nace da preocupación por visibilizar unha realidade que a miúdo permanece oculta: a violencia intraxénero dentro das relacións sáficas.
O estudo encádrase dentro do proxecto «+visibles -VIOLENCIA: Visibilidade e Transformación Colectiva», impulsado pola Asociación Nós Mesmas e financiado pola EuroCentralAsian Lesbian* Community (EL*C) e a Unión Europea. O obxectivo principal deste traballo é explorar como perciben, identifican e nomean a violencia intraxénero as mulleres que manteñen ou mantiveron relacións afectivas ou sexoafectivas con outras mulleres.
Datos e conclusións clave do informe
Grazas á participación anónima de 112 mulleres residentes na Galiza, o informe lanza datos reveladores sobre o coñecemento e as vivencias desta forma de violencia:
|
✓
|
Un 42% das participantes recoñécese como vítima (pasada ou presente) de violencia intraxénero. |
|
✓
|
Un 14,3% das enquisadas afirma non estar segura de se sufriu este tipo de violencia. |
|
✓
|
O estudo demostra que coñecer teoricamente en que consiste a violencia intraxénero non está asociado coa autoidentificación como vítima tras sufrir condutas de abuso. |
|
✓
|
Identificar unha conduta como abusiva en abstracto e recoñecerse como vítima son procesos diferentes que requiren tempo, información e acompañamento. |
A invisibilización histórica da violencia en parellas de mulleres, a visión heteronormativa e a falta de referentes dificultan que as vítimas poidan poñerlle nome ao que viven e buscar axuda. Por iso, este informe —elaborado por Sabela Losada Lorenzo, Elisabet Pérez Costas e Irene Álvarez Francés— subliña a necesidade vital de visibilizar esta problemática social e de establecer políticas públicas e recursos especializados.
Convidámoste a ler o documento completo para coñecer en profundidade a metodoloxía, os datos recompilados e as conclusións deste necesario proxecto.
Publicamos o enlace para poder ter acceso ó informe completo da investigación. Só tes que premer neste enlace para consultalo:

