Forma parte do cambio

En Nós Mesmas o voluntariado é unha forma de compromiso e de cambio.

Cada hora, cada man e cada idea conta para seguir construíndo unha sociedade máis libre, diversa e igualitaria.

Súmate e fai parte da transformación.

¿Como podes colaborar?

En Nós Mesmas hai moitas maneiras de sumar e poñer o teu gran de area.

Podes participar como voluntaria en accións puntuais —como o Orgullo ou outros eventos de visibilidade— axudando na montaxe e na organización das actividades.

Tamén podes unirte ao grupo de traballo estable da asociación, colaborando na preparación de campañas, obradoiros e encontros.

Hai persoas que ensinan inglés, outras imparten clases de ganchillo, de defensa persoal, que axudan en tarefas administrativas ou simplemente botan unha man onde se necesita.

Mesmo participando nas actividades que organizamos, xa estás colaborando: fas que a rede medre e que poidas coñecer a outras persoas coma ti.

Cada tempo, cada idea e cada sorriso contan.

💜 Porque xuntas facemos comunidade.

FAI A DIFERENZA, CONTACTA.

O voluntariado é unha das maneiras máis bonitas de contribuír á igualdade e á diversidade.

Participa nas nosas actividades, axúdanos a organizar eventos ou achega as túas ideas para seguir crecendo.

Sopréndete atopando xente cos teus mesmos intereses tratando de cambiar as cousas, fai comunidade.

✨ Ponte en contacto connosco e poderás informarte sobre como podes colaborar. Pon o túa presenza ao servizo da igualdade e síntete partícipe do verdadeiro cambio.

Non esperes máis, voluntarízate!

 

Xuntas facemos comunidade