QUEN SOMOS 🌈

Nós Mesmas é un colectivo feminista e transfeminista sen ánimo de lucro, fundado en Vigo no ano 2008. Naceu da necesidade de crear un espazo seguro e visible para as mulleres lesbianas, bisexuais, persoas trans e non binarias, desde onde facer fronte á discriminación e reivindicar os nosos dereitos e a nosa dignidade.

Defendemos a diversidade afectivo-sexual e de xénero como un dereito humano fundamental e indivisible. Traballamos de maneira horizontal e participativa, combinando a loita social e política cun ton acolledor e inclusivo que promove o empoderamento individual e colectivo.

Ao longo destes anos, impulsamos múltiples proxectos de sensibilización, acompañamento e formación, sempre co obxectivo de construír unha sociedade máis libre, diversa e igualitaria.

💜 Porque o Orgullo é tamén reivindicación, memoria e coidado. Porque xuntas somos máis fortes.

MISIÓN ✊

Loitamos polos dereitos do colectivo LGTBI+, con especial atención ás mulleres lesbianas e bisexuais, así como ás persoas trans e non binarias, por seren quen afrontan maiores situacións de vulnerabilidade e discriminación.

A nosa misión é mellorar as condicións de vida das persoas LGTBI+ en todos os ámbitos —social, educativo, laboral, sanitario e cultural—, promovendo a igualdade real e o respecto á diversidade.

Traballamos desde unha perspectiva feminista e interseccional, recoñecendo as múltiples opresións que atravesan ás persoas do colectivo e poñendo especial atención ás realidades das mulleres LBT e das persoas trans.

Fomentamos o empoderamento persoal e colectivo, o acompañamento psicosocial e xurídico, a formación en diversidade e a incidencia política e institucional.

Desde 2008 seguimos tecendo redes, creando espazos seguros e impulsando proxectos que combinen loita, visibilidade e coidados.

 

vALORES 🌟

  • 💪 Empoderamento: fortalecemos ás persoas para vivir con orgullo e liberdade.

  • 🤝 Apoio mutuo: acompañámonos nas dificultades e compartimos as conquistas.
  • 📢 Reivindicación: transformamos a sociedade desde a acción política e comunitaria.
  • 💜 Coidados: construímos espazos seguros baseados na empatía, o respecto e o amor propio.

O NOSO IMPACTO EN 2024

  • +500 consultas individualizadas de atención.

  • 4.624 estudantes participaron en obradoiros de diversidade.
  • 75 mozas e mozos atendidos nos programas xuvenís.
  • 16 intervencións co Bote Solidario para cubrir necesidades básicas.

MEMORIAS ANUAIS

Coñece o impacto das nosas accións:

EQUIPA E TOMA DE DECISIÓNS

Nós Mesmas de carácter asembleario, formada por persoas comprometidas coa defensa dos dereitos e a visibilidade do colectivo. A nosa forza está nas persoas que participan, colaboran e constrúen día a día este proxecto común.

Aínda que, como asociación, contamos cunha Xunta Directiva —órgano obrigatorio segundo a lexislación vixente—, entendemos estes cargos como unha responsabilidade asumida desde o activismo e o compromiso colectivo.

As persoas que forman parte da Xunta Directiva non teñen máis peso nin representatividade ca calquera outra persoa socia que participe na asemblea e comparta os valores e o traballo de Nós Mesmas.

Para o funcionamento cotián, contamos tamén cun Grupo de Traballo, un espazo aberto no que participan aquelas persoas que desexan implicarse activamente na xestión diaria da entidade e no desenvolvemento das súas actividades.

En Nós Mesmas, a voz e a decisión son sempre colectivas.

Podes consultar o noso Organigrama facendo click AQUÍ.

Recoñecemento e alianzas​​​​​

Ao longo nosa traxectoria, Nós Mesmas consolidouse como unha entidade de referencia na defensa dos dereitos LGTBI+ en Galicia.

O noso compromiso foi recoñecido a nivel estatal co Premio Jóvenes Emprendedores Sociales outorgado pola UEM e co Premio á Visibiliade otorgado polo AgroCuir da Ulloa.

Formamos parte da FELGTBI+ a nivel estatal, onde unha das nosas activistas actualmente exerce como Secretaría de Organización, da Eurocentralasian Lesbian Community (EL*C) a nivel europeo e xa a nivel local de Resposta Feminista.

En Galicia mantemos lazos con outras entidades LGTBI*, sociais, sindicais e institucionais que comparten os nosos valores de igualdade, diversidade e xustiza social.

E mantemos unha representación activa no Observatorio Galego LGTBIQ+, onte tamén, outra activista de Nós Mesmas ostenta a vicepresidencia do Observatorio.

Porque xuntas seguimos avanzando cara a unha sociedade máis libre, diversa e orgullosa da súa pluralidade. 🌈

O Orgullo é reivindicación

NÓS MESMAS

Conta atrás pola igualdade

Ti tamén fas parte da loita.

Cada día conta para seguir conquistando dereitos e rachar cos muros da discriminación.

En Nós Mesmas poñemos corpo e corazón para que ninguén do colectivo LGTBI+ quede atrás: acompañamos, denunciamos, celebramos e construímos comunidade.

💜 Hoxe é o momento: fai a túa doazón e axúdanos a garantir un futuro no que vivir con orgullo e liberdade sexa un dereito real para todas.

ÚNETE Á CAUSA

En Nós Mesmas precisamos do apoio de persoas comprometidas coa igualdade e a diversidade. Cada xesto suma: xa sexa ofrecendo o teu tempo como voluntaria ou colaborando cunha doazón, axúdasnos a manter vivos os nosos programas e actividades.