PARA NÓS
Para Nós é un servizo integral de atención, orientación e asesoramento socioeducativo, laboral, xurídico, psicolóxico e de mediación familiar, especializado na atención a mulleres lesbianas, bisexuais e trans.
O seu obxectivo é ofrecer estratexias e recursos que melloren a calidade de vida das mulleres LBT, favorecendo o seu benestar persoal, social e profesional, así como a igualdade de oportunidades.
Este servizo desenvólvese na sede de Nós Mesmas, en Vigo, prestando atención a mulleres de toda a provincia de Pontevedra.
Para facilitar o acceso, e tendo en conta que o desprazamento pode supoñer unha dificultade engadida, tamén se realizan atencións sociais e laborais nos concellos de Nigrán e Baiona.
A través de Para Nós, ofrecemos acompañamento próximo e especializado, garantindo sempre un espazo seguro, confidencial e profesional.
💜 Servizos que ofrece “Para Nós”
- Acollida e información personalizada.
- Atención e asesoramento social, con derivación e acompañamento a recursos externos.
- Atención psicolóxica individual e grupal.
- Servizo de mediación familiar.
- Orientación laboral e apoio na procura de emprego.
- Sensibilización e formación en diversidade afectivo-sexual e de xénero.
- Asesoramento xurídico especializado.
- Asesoramento a profesionais doutros ámbitos que traballan con mulleres LBT.
📞 Como solicitar cita
O servizo é gratuito, profesionalizado e confidencial.
É necesario solicitar cita previa a través de:
📧 Correo electrónico: nosmesmas@felgtbi.org
📱 Teléfono e WhatsApp: +34 722 286 300 / +34 627 736 965
PROGRAMA FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA
