Colabora

Hai moitas maneiras de apoiar o noso traballo: podes facerte voluntaria en accións puntuais ou de forma continuada, participar nas nosas actividades e achegar o teu tempo; podes asociarte para darlle continuidade ao proxecto e garantir que os nosos servizos sigan sendo gratuítos; ou tamén podes realizar unha doazón puntual, que nos axuda a manter espazos seguros e a impulsar novas iniciativas.

Aceptamos colaboracións tanto a través de tarxeta bancaria como mediante PayPal, para que poidas escoller o método que che resulte máis cómodo.

Cada xesto, pequeno ou grande, supón un paso máis cara a unha sociedade máis libre, igualitaria e diversa. Grazas por sumar a túa forza á nosa loita ✊🌈

PARTICIPA

Precisamos de máis mentes e mans que formen parte das actividades e colaboren activamente na asociación.

ASÓCIATE

Faite socia de Nós Mesmas e axúdanos a manter vivos os proxectos e a seguir loitando.

DOA

Contribúe cunha doazón puntual, fai posibles novas accións, actividades e axudas sociais urxentes.