REDE profesionaL*.
Apoio, comunidade e desenvolvemento profesional.
Un espazo para conectar talento e crear oportunidades.
REDE profesionaL* é unha comunidade profesional impulsada pola Asociación Nós Mesmas que nace para conectar mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas non binarias arredor do emprego, o emprendemento e o apoio mutuo.
Máis que un programa de actividades, REDE profesionaL* é unha rede en construción. Un espazo onde compartir coñecementos, descubrir recursos, crear alianzas e facer visible o talento profesional dunha comunidade diversa e comprometida.
Ao longo dos próximos meses desenvolveranse obradoiros, mentorías, encontros profesionais e accións de visibilización, culminando coa creación dun directorio profesional que permitirá dar a coñecer proxectos, servizos e iniciativas impulsadas polas participantes.
REDE profesionaL* nace cunha idea sinxela: cando conectamos talento, multiplicamos oportunidades.
Financiación
Este proxecto é posible a través da financiación da Eurocentralasian Lesbian Community EL*C e a co-financiación da Unión Europea.


