Cara fresca, mesmos valores #SomosNósMesmas


Queremos presentárvos a nosa nova imaxe. 
Este cambio de logo recolle o testigo destes 10 anos de loita polos dereitos das mulleres LBT, 10 anos de reivindicación polos dereitos e a igualdade das persoas LGTBI e 10 anos de visibilidade. 
Feminismo, sororidade, compromiso, liberdade, empoderamento, horizontalidade, apoio mutuo… son conceptos que nos definen e que compartimos a diario con todxs xs que formamos Nós Mesmas agora e que pasaron nalgún momento por aquí.

Xs de agora e a todxs xs que estivestes algunha vez………….GRAZAS! 
Por axudarnos a construír o que somos, por creer que sumando forzas chegamos máis lonxe e por contar con Nós Mesmas para todo o que está por chegar!
Compartimos un video moi cortiño destes 10 anos :) 



Vémonos nas rúas!