POLITICA DE PRIVACIDADE
Responsable do tratamento de datos do programa Onde están as mulleres.
Asociación Nós Mesmas, con NIF G27718907 e domicilio na Rúa Conde de Torrecedeira, 19, baixo, 36202 Vigo.
Coordinación e contacto.
Coordinación do programa e persoa autorizada para a xestión dos datos: Xiana Pérez Rial.
Contacto específico do programa: nosmesmas.proxectos@gmail.com
Contacto xeral da Asociación: nosmesmas@felgtbi.org
Para que se tratan os teus datos.
Xestionar a túa inscrición e participación no programa.
Contactar contigo e enviarche comunicacións relacionadas co seu funcionamento.
- Verificar, completar e xestionar o teu perfil.
- Analizar as túas preferencias, intereses, localización e demais información facilitada.
- Identificar posibles afinidades con outras participantes.
- Propoñer e facilitar contactos entre participantes compatibles.
- Xestionar as túas solicitudes, incidencias ou peticións de baixa.
Acceso interno aos datos.
O acceso estará limitado á coordinadora do programa, Xiana Pérez Rial, debidamente autorizada pola Asociación Nós Mesmas, e ás persoas que, de ser estritamente necesario, sexan autorizadas pola Asociación para garantir a continuidade, seguridade ou correcta xestión do programa. Todas elas deberán respectar o deber de confidencialidade.
Datos especialmente protexidos.
Debido á natureza do programa, a túa participación e a información facilitada poden revelar ou permitir deducir datos relacionados coa túa orientación sexual. Estes datos serán tratados exclusivamente para as finalidades propias do programa e co teu consentimento explícito (art. 9.2.a do RGPD).
Comunicación de datos a outras participantes.
Para facilitar as conexións, autorizas á Asociación Nós Mesmas a comunicar ás participantes do programa coas que se identifique unha posible afinidade exclusivamente os seguintes datos:
- Nome ou nome polo que queres que se dirixan a ti.
- Idade.
- Localidade ou zona de residencia.
- Enderezo de correo electrónico.
Esta autorización é xeral para as conexións realizadas dentro do programa e permanecerá vixente mentres participes nel ou ata que retires o teu consentimento.
Non se facilitará o teu número de teléfono nin outra información do teu perfil, salvo que se solicite e obteña previamente unha autorización específica.
As destinatarias serán exclusivamente outras participantes do programa coas que se identifique unha posible afinidade. Os datos recibidos só poderán utilizarse para establecer contacto no marco de «Onde están as mulleres». Non poderán publicarse, difundirse, comunicarse a terceiras persoas nin utilizarse para outras finalidades.
Ferramentas e provedores tecnolóxicos.
Para xestionar o programa os datos trátanse mediante as ferramentas de Google e Tally (formularios, correo electrónico, follas de cálculo e almacenamento) utilizadas pola Asociación. Google actúa como encargada do tratamento e pode acceder aos datos cando resulte necesario para prestar estes servizos, baixo as condicións e garantías aplicables en materia de protección de datos, incluída a posible transferencia internacional de datos amparada polas garantías vixentes. Non hai cesión a terceiros con outras finalidades.
Decisións non automatizadas.
A valoración das afinidades e a proposta de conexións fáinas unha persoa: non hai decisións automatizadas nin elaboración de perfís con efeitos sobre ti.
Lexitimación.
O tratamento baséase no teu consentimento expreso (art. 6.1.a do RGPD e art. 9.2.a para as categorías especiais de datos).
Prazo de conservación.
Mentres participes no programa. Se solicitas a baixa, deixamos de tratar os teus datos e elimínanse, agás o rexistro deste consentimento (data, hora e versión do texto aceptado), que se conserva un ano como proba de que o consentimento se prestou.
Retirada do consentimento e baixa.
O consentimento é voluntario. Podes retiralo e solicitar a túa baixa do programa en calquera momento escribindo a:
nosmesmas.proxectos@gmail.com, ou
nosmesmas@felgtbi.org.
Desde que a Asociación reciba e tramite a solicitude, deixarán de realizarse novas propostas e comunicacións dos teus datos.
A retirada do consentimento non afectará á licitude dos tratamentos realizados con anterioridade. Tampouco permite retirar materialmente a información que xa fose comunicada legalmente a outra participante, aínda que poderás solicitar que deixe de utilizala e que a elimine cando corresponda.
Dereitos de protección de datos.
Podes solicitar o acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade dos teus datos, así como retirar o consentimento, escribindo a calquera dos dous enderezos anteriores. Tamén podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través de www.aepd.es.
