Plan de Formación en Diversidade Afectivo-Sexual, de Xénero e Familiar (Infantil e Primaria)
Infórmate da nosa oferta para este curso lectivo. Propoñemos obradoiros e itinerarios para Educación Infantil (2º ciclo) e Educación Primaria, co obxectivo de normalizar a diversidade, mellorar a convivencia e previr condutas LGTBIfóbicas. Traballamos con metodoloxía lúdica, enfoque feminista e de dereitos, e adaptamos cada sesión á realidade do centro.
Que é?
É un programa educativo que achega, con linguaxe sinxela e actividades vivenciais, a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar ás aulas. Axudamos a crear contornas seguras e respectuosas, onde todo o alumnado se sinta recoñecido.
Obxectivos
- Normalizar a diversidade e reforzar a convivencia respectuosa.
- Previr insultos, estereotipos e acoso por orientación, identidade ou expresión de xénero.
- Potenciar competencias socioemocionais: empatía, coidados, resolución pacífica de conflitos.
- Dotar de recursos ao profesorado e acompañar ás familias/ANPA.
A quen vai dirixido?
- Educación Infantil (2º ciclo) e Educación Primaria (1º–6º).
- Profesorado: formación e materiais para traballo de aula.
- Familias/ANPA: Escolas de Familias e sesións informativas.
Contidos e actividades
Infantil (2º ciclo)
- Familias diversas, emocións e coidados.
- O meu corpo é meu e límites seguros.
- Contacontos, xogo simbólico e dinámicas cooperativas.
Primaria
- Diversidade e igualdade. Estereotipos de xénero e linguaxe respectuosa.
- Prevención do bullying LGTBIfóbico e promoción do bo trato.
- Corresponsabilidade e uso responsable das redes/patio.
Profesorado e familias
- Conceptos clave (identidade, orientación, expresión, familias).
- Como actuar ante situacións cotiás e incidencias.
- Guía de recursos e materiais para continuar en aula e na casa.
Metodoloxía
Participativa e lúdica: xogo, contos, dinámicas cooperativas e role-play. Enfoque feminista, interseccional e de dereitos. Avaliación formativa ao remate de cada sesión para aterrar acordos e seguimentos co centro.
Formatos, duración e grupos
- Obradoiros por aula: 50–60’ (Infantil) · 60–90’ (Primaria).
- Formación de profesorado: 60–90’.
- Escolas de Familias: 60–90’.
- Grupos: aula completa (ideal ata 25–28 participantes).
Propoñemos tamén itinerarios por niveis (2–3 sesións por curso) e accións complementarias con claustro e ANPA.
Requisitos do centro
- Aula ou salón de actos; opcional: proxector/pantalla.
- Coordinación previa para axustar contidos, tempos e grupos.
- Entregamos ficha técnica por sesión e materiais para continuidade en aula.
Equipo
O plan é impartido por persoal especializado en educación e intervención social, cunha técnica de formación que coordina a adaptación ao centro e profesionais de apoio segundo a proposta.
Apoios e visibilidade institucional
Aplicamos as normas de comunicación pública cando corresponda (logotipos e textos obrigatorios das administracións financiadoras) e facilitamos os elementos gráficos para web e cartelería do centro.



