Loading...

FINANCIAMENTO

    🌈 Nós Mesmas é unha asociación feminista de Vigo que acompaña e defende os dereitos das mulleres LB, persoas trans e persoas non binarias, así como do conxunto do colectivo LGTBIQ+. O noso compromiso é ofrecer servizos, atención e actividades de balde e accesibles.

    💜 As cotas das persoas socias son unha base importante, mais non chegan para cubrir todos os custos. Por iso buscamos e xestionamos subvencións públicas —da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, entre outras— que fan posible manter e mellorar os programas, ampliar horarios e chegar a máis xente, sen deixar a ninguén atrás.

    📊 Xestionamos os recursos con responsabilidade e transparencia: publicamos as axudas concedidas e os proxectos executados, coa visibilidade institucional que corresponde. Ademais das subvencións vinculadas aos programas ​que desenvolvemos, contamos tamén con apoio institucional para o fortalecemento e a consolidación do movemento asociativo das mulleres galegas, que contribúe a soster a estrutura da entidade, o mantemento da sede e as condicións necesarias para garantir a continuidade do noso traballo.

    🤝 Se queres sumar, podes asociarte, facer unha doazón ou difundir o noso traballo.

    SÍGUENOS NAS REDES

    Mantente conectadx coa nosa comunidade.
    Nas nosas redes sociais compartimos fotos, eventos, novidades e información de interese sobre o colectivo LGTBI+.
    Engádenos e forma parte da nosa rede de apoio e visibilidade.

    O teu apoio é fundamental para seguir construíndo unha sociedade libre e igualitaria. Súmate como voluntaria, socia ou doa de forma puntual.