Únete á REDE ProfesionaL*: A primeira comunidade profesional L* de Galicia

Nace REDE ProfesionaL*, un espazo de conexión, mentoría e visibilidade para mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas non binarias en Galicia. Completa o formulario que atoparás máis abaixo e forma parte do cambio.
Estamos moi emocionais de anunciar que xa está en marcha a REDE ProfesionaL*. Nace un proxecto deseñado para conectar, compartir coñecementos, crear novas oportunidades e tecer alianzas que nos permitan medrar xuntas no ámbito laboral e académico.
A REDE profesionaL* é unha comunidade profesional dirixida a mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas non binarias de toda Galicia. Queremos romper illamentos, visibilizar o talento da nosa comunidade e crear un espazo seguro onde cooperar e impulsarnos mutuamente.
🛰️ Que faremos nos vindeiros meses?
Para facer realidade esta rede de apoio e desenvolvemento profesional, ao longo dos próximos meses poñeremos en marcha diferentes liñas de acción:
-
📚 Formación especializada: Obradoiros e sesións formativas adaptadas ás necesidades do mercado e da nosa comunidade.
-
🤝 Mentorías: Espazos de acompañamento onde compartir experiencias, aprendizaxes e guía profesional.
-
💬 Círculos de intercambio entre iguais: Encontros para debater, crear sinerxías e compartir recursos de maneira horizontal.
-
🗂️ Directorio Profesional: Unha plataforma pública para dar visibilidade ao talento, servizos e proxectos da nosa comunidade en Galicia.
👥 A quen vai dirixido este espazo?
Esta rede non está reservada unicamente a grandes perfís empresariais. REDE ProfesionaL é para ti se:*
-
Es traballadora por conta allea ou por conta propia (autónoma/emprendedora).
-
Estás en busca activa de emprego ou en fase de orientación profesional.
-
Estás a estudar ou preparándote para dar o salto ao mercado laboral.
-
Simplemente che gustaría formar parte dunha comunidade onde compartir experiencias, aprender de outras compañeiras e crear novas conexións humanas e profesionais.
Porque unha rede non se crea soa: constrúese entre todas.
📝 Únete á comunidade: completa o cuestionario
Antes de lanzar as primeiras actividades e o directorio, queremos coñecer ás persoas que farán posible esta rede.
Encher este formulario levaráche menos dun minuto e axudará a deseñar as accións en función dos vossos intereses e necesidades reais.
(Abaixo atopa o formulario de inscrición)
Proxecto posible pola financiación da EuroCentralAsian Lesbian* Community (@elc_lesbiancommunity) e a cofinanciación da Unión Europea.
Fagamos rede, fagamos comunidade! Vémonos moi pronto!

