Ademais o xugo heterosexista e monosexista oprímenos ás persoas bisexuais dado que se nos presupón heterosexuaias, como a única opción a ter en conta de primeiras, pero ademais disto monosexuais, como unha forma máis aceptable de non ser heterosexual, esta situación a compartimos con outras persoas plurisexuais pero que non se senten representadas baixo o paraugas da bisexualidade, se non baixo outros moitos existentes e que reflicten a gran diversidade no-monosexual que existe.
23/09 ás 18h Café «Charlando de bisexualidade» na nosa sé, Porta do Sol, 11-bis, 3º 25/09 ás 19h Proxección e coloquio «Sobreviviré» na Casa das Mulleres, R/Romil, 20