Educar por e para todxs é o obxectivo, crear entornos seguros para o alumnado LGTBI onde a diversidade sexa unha riqueza que faga medrar a toda a comunidade educativa, é o medio para acadalo.


Para isto, Nós Mesmas, contando coa subvención da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Centro de Recursos e Formación de Vigo, organiza estas primeiras xornadas dirixidas a toda a comunidade educativa de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional; así como ás asociacións de familiares de alumnxs, activistas LGTBI e todas as persoas interesadas na educación non formal.


Contamos con 120 prazas para profesorado  e para xs asistentes non profesorado haberá portas abertas ata completar aforo.


Pretendemos:


-Visibilizar a diversidade afectiva-sexual e de xénero nas aulas a través de referentes positivos.


-Fomentar a integración e o desenvolvemento dos contidos transversais referentes ao respecto cara á diversidade afectivo-sexual e de identidades de xénero na práctica docente.


-Formar na prevención e detección de situacións de conflito e acoso no centro escolar derivadas da orientación sexual ou da identidade de xénero de calquera integrante da comunidade educativa, proporcionando ferramentas para enfrontar unha situación de acoso LGTBIfóbico.


Programa: 


9.30 _Presentación das xornadas da man de Sra. Presidenta da         
           Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; 
           Sra. Deputada Isaura Abelairas 
           Representantes de Nós Mesmas.


10.00_»Nós Mesmas nas aulas.»

           Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira


10.45_Pausa



11.15_»Abrimos as portas á divcrsidade: como integrala nas nosas               aulas»

            Kika Fumero


12.40_»Ferramentas inspiradoras de educación inclusiva»

            José Joaquín Álvarez de la Rosa


16.00_»Entender a realidade trans como unha realidade social para             un acompañamento positivo na aula»

           Nac Bremón e Soraya Vega


18.30_Pausa



19.00_»Mesa de experiencias de profesorado e alumnado LGTBI                 en Vigo»

           Ana Ojea Alonso e alumnado do IES Politécnico de Vigo




Inscricións:


O profesorado que queira participar deberá inscirbirse a través do FPROFE coa referéncia V1702027 para recibir Certificado de Formación de 8h, o prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro





O resto de persoas interesadas, non precisan inscrición, portas abertas ata cubrir o aforo (150 prazas aprox.).




Actividade subvencionada pola:                Coa colaboración: