+Visibles: Violencia Visibilidade e transformación colectiva 2025-2026
📣 Anunciamos con ilusión o lanzamento da nova edición de +Visibles – Violencia: Visibilidade e Transformación Colectiva (2025-2026), un programa integral de prevención, atención e visibilización das violencias específicas que sofren as lesbianas*, bisexuais, trans, intersex e persoas NB en Galicia.
Este proxecto ofrece apoio psicolóxico e asesoramento xurídico especializado e incorpora como novidade un mapeo participativo das vivencias e necesidades das lesbianas vítimas de violencia, co obxectivo de identificar obstáculos, recoller experiencias invisibilizadas e xerar propostas útiles para mellorar os recursos e as respostas institucionais.
🎭 Visibilidade cultural e política
Un ano máis, tamén impulsaremos un espazo de visibilidade cultural e política: o II Festival cultural “Bolleras, viciosas, travestis e marimachas: xa non temos medo, temos hachas”, no marco do Día da Visibilidade Lésbica.
Será un lugar para o encontro, a celebración e a transformación colectiva a través da arte, a música, a performance e a palabra.
💶 Financiamento
Este programa está financiado pola Eurocentralasian Lesbian Community (EL*C) co apoio da Unión Europea.
🌱 Seguimos construíndo
Con máis tempo, experiencia e recursos, seguimos construíndo un camiño común: máis visibles, menos violencia.
📩 Información e contacto
Para máis información ou contacto:
📧 nosmesmaspsicoloxia@gmail.com
📧 nosmesmasxuridico@gmail.com
📱 Síguenos en redes
Instagram: @asociacion_nosmesmas
Facebook: @asociacionnosmesmas
ℹ️ Nota sobre o termo “lésbica* (L*)”
A ELC emprega a palabra “lésbica” (L) como un termo paraugas, amplo e inclusivo, que inclúe a todas as mulleres lesbianas, bisexuais e queer (tanto cisxénero como trans), así como ás persoas non binarias e intersex que se sintan vinculadas coa identidade lésbica e co activismo lésbico.
Un activismo queer que loita polas identidades non hexemónicas, utilizando un termo que, aínda en estados como o noso está moi aceptado socialmente, en moitas outras zonas xeopolíticas está denostado, incluso criminalizado, e non é posible mostrarse libremente.
PROGRAMA FINANCIADO



