Para Nós · Servizo integral de atención a mulleres LBT
Servizo integral de atención desde unha perspectiva feminista e interseccional que busca ofrecer un espazo serguro e proferional onde atender as diferentes necesidades das mulleres LBT, recoñecendo a súa diversidade e as múltipes realidades que atravesan.
Que inclúe o programa?
- Atención psicolóxica individualizada para acompañar procesos persoais e emocionais.
- Mediación familiar, para facilitar a comunicación e a resolución de confitos no entorno máis próximo.
- Asesoramento social e laboral, para apoiar no acceso a recursos, dereitos e oportunidades profesionais.
- Asesoramento xurídico, co obxectivo de resolver dúbidas legais e garantir a defesa dos dereitos.
O noso obxectivo
Con «Para Nós» queremos construir un servizo que non só dea respost ás urxencias e ás necesidades prácticas, senón que tamén sexa un lugar de coidado, empoderamento e acompañamento.
Información
Se queres máis información ou acceder ao servizo, podes poñerte en contacto con nós a través dos correos electrónicos:
- nosmesmas@felgtbi.org
- nosmesmaspsicoloxia@gmail.com
- nosmesmasxuridico@gmail.com
Ou seguir as nosas redes sociais para estar ao día.
Financiación
Este programa é posible grazas á subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiado pola Unión Europea – Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
PROGRAMA FINANCIADO


