Para Nós · Servizo integral de atención a mulleres LBT

Servizo integral de atención desde unha perspectiva feminista e interseccional que busca ofrecer un espazo serguro e proferional onde atender as diferentes necesidades das mulleres LBT, recoñecendo a súa diversidade e as múltipes realidades que atravesan.

Que inclúe o programa?

  • Atención psicolóxica individualizada para acompañar procesos persoais e emocionais.
  • Mediación familiar, para facilitar a comunicación e a resolución de confitos no entorno máis próximo.
  • Asesoramento social e laboral, para apoiar no acceso a recursos, dereitos e oportunidades profesionais.
  • Asesoramento xurídico, co obxectivo de resolver dúbidas legais e garantir a defesa dos dereitos.

O noso obxectivo

Con «Para Nós» queremos construir un servizo que non só dea respost ás urxencias e ás necesidades prácticas, senón que tamén sexa un lugar de coidado, empoderamento e acompañamento.

Información

Se queres máis información ou acceder ao servizo, podes poñerte en contacto con nós a través dos correos electrónicos:

  • nosmesmas@felgtbi.org
  • nosmesmaspsicoloxia@gmail.com
  • nosmesmasxuridico@gmail.com

Ou seguir as nosas redes sociais para estar ao día.

Financiación

Este programa é posible grazas á subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiado pola Unión Europea – Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

PROGRAMA FINANCIADO



ÚNETE Á CAUSA

En Nós Mesmas precisamos do apoio de persoas comprometidas coa igualdade e a diversidade. Cada xesto suma: xa sexa ofrecendo o teu tempo como voluntaria ou colaborando cunha doazón, axúdasnos a manter vivos os nosos programas e actividades.