• Servizo integral atendido pola educadora social, que combina acollida, orientación profesional, apoio emocional, defensa de dereitos e acompañamento personalizado, cun enfoque baseado no respecto á diversidade, a confidencialidade e o empoderamento das persoas LGTBI+.

  • Acompañamento psicolóxico especializado con atención individual e grupal, adaptado ás realidades LGTBI+

  • Proporciona información legal especializada, orientación práctica, protección ante vulneracións de dereitos e asesoramento legal en materia LGTBI+, sempre dende unha perspectiva inclusiva e respectuosa coa diversidade.

  • Busca acompañar, apoiar e empoderar ás persoas LGTBI+ no seu itinerario persoal educativo e profesional, procurando o acceso a recursos que favorezan a súa autonomía.

  • Espazo de apoio para mellorar a comunicación e facilitar a resolución pacífica de conflitos en contornos próximos

  • Accións formativas en diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar coa finalidade de promover contornas máis seguras, respectuosas e inclusivas tanto en centros educativos como noutros espazos.

ÚNETE Á CAUSA

En Nós Mesmas precisamos do apoio de persoas comprometidas coa igualdade e a diversidade. Cada xesto suma: xa sexa ofrecendo o teu tempo como activista, como voluntaria ou colaborando cunha doazón, axúdasnos a manter vivos os nosos programas e actividades.