Forma parte do cambio

En Nós Mesmas o voluntariado é unha forma de compromiso e de cambio.

Cada hora, cada man e cada idea conta para seguir construíndo unha sociedade máis libre, diversa e igualitaria.

Súmate e fai parte da transformación.

¿Como podes colaborar?

En Nós Mesmas hai moitas maneiras de sumar e poñer o teu gran de area, desde a participación puntual ata o compromiso activista sostido no tempo.

Podes participar como voluntaria en accións puntuais —como o Orgullo ou outros eventos de visibilidade— axudando na montaxe, na organización das actividades e na presenza colectiva nas rúas.

Tamén podes unirte ao grupo de traballo estable da asociación, participando nas asembleas e xuntanzas, colaborando na preparación de campañas, obradoiros e encontros, e formando parte dos espazos de debate nos que pensamos conxuntamente as liñas da nosa loita feminista e LGTBIQ+.

Hai persoas que ensinan inglés, outras imparten clases de ganchillo, de defensa persoal, que axudan en tarefas administrativas ou simplemente botan unha man onde se necesita. Todas as achegas son valiosas cando se constrúen desde o compromiso colectivo.

Mesmo participando nas actividades que organizamos, xa estás colaborando: contribúes a facer medrar a rede, a fortalecer o activismo e a coñecer a outras persoas coma ti.

Cada tempo, cada idea e cada sorriso contan.

💜 Porque xuntas facemos comunidade e transformación.

FAI A DIFERENZA, CONTACTA.

O voluntariado é unha das maneiras máis bonitas e potentes de contribuír á igualdade, á diversidade e á transformación social.

Participa nas nosas actividades, axúdanos a organizar eventos, forma parte das asembleas e xuntanzas ou achega as túas ideas aos espazos de debate colectivo, onde analizamos a realidade, compartimos experiencias e decidimos xuntas cara onde enfocar a nosa acción política e social.

Sorpréndete atopando xente cos teus mesmos intereses, con ganas de implicarse, de cuestionar o establecido e de construír alternativas desde o coidado e a acción colectiva. Iso tamén é activismo.

Ponte en contacto connosco e poderás informarte sobre como colaborar. Pon a túa presenza, a túa voz e o teu tempo ao servizo da igualdade e síntete parte do cambio real que construímos xuntas.

Conta atrás para o Orgullo

 

Xuntas facemos comunidade