O programa da Presidenta Bollera: Todo o que precisas saber sobre o Festival LBTIQ+

Cultura radical, visibilidade e vicio do bo o vindeiro 25 de abril na Morada (Vigo)
Por fin sae á luz o segredo mellor gardado! Se pensabas que os programas electorais eran aburridos, é porque nunca lerás un escrito por bolleras, viciosas, travelas e marimachas.
En Nós Mesmas non prometemos pontes nin baixadas de impostos rancias; prometemos cultura radical, visibilidade e vicio do bo. O vindeiro 25 de abril en A Morada (Vigo), a nosa Presidenta Bollera Fernández Travela toma o poder e este é o seu plan de goberno para un día inesquecible.
🗓️ Programa do Festival
Aquí tes o despregue de actividades que temos preparadas para o sábado:
Sábado pola mañá :)
-
12:00h – Apertura e reparto de agasaios: Non chegues tarde se queres o teu!
-
12:30h – Unha Señora Orquestra: Coa actuación de Ailen Kendelman.
-
14:00h – Xantar colectivo: Trae o teu tapper ou podes mercar alí o teu prato. Un momento para compartir e facer tribo.
Sábado pola tarde :)
-
16:00h – Andrea Nunes e Leticia Citoula presentan «Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas».
-
17:00h – Lucía Aldao: PAVA Bollera.
-
18:00h – Pausa: Momento de picoteo e bailoteo para coller forzas.
-
18:30h – LaKeNoBaila e Mambis: Sesión de Djs cuirs para facer arder a pista.
-
19:30h – DragKing Bingo Solidario: Con Milo Bambino. Marabillosos premios! Lembra que a recadación irá destinada ao noso Bote Solidario.
⚠️ Información Importante
-
Entrada: É de balde, pero cómpre facer a reserva previa para non quedar fóra. Podes facelo nesta ligazón: Entradas Festival Cultural LBTIQ+
-
Crizanzas: Se vés con peques, reserva a súa praza no espazo de crianzas (elas non precisan entrada): Formulario para crianzas
-
Xantar: Trae o teu tapper para compartir ou para ti. Aínda non temos confirmado se haberá opción de xantar alí, así que mellor vir preparada/o/e para non andar de aquí para alá.
Non faltes ao plan de goberno máis agardado do ano! Vémonos en Vigo!

