Orgullo: 4 citas imprescindibles para facer tribo e orgullo en Vigo do 14 ao 21 de xuño

 

Queremos presentarvos  catro actividades que terán lugar nos vindeiros días. Hai espazo para a convivencia familiar, a reflexión científica e política, a arte interactiva e, por suposto, a visibilidade festiva sobre rodas e sesión vermú.

Anota ben as datas e non fiques fóra!

🧺 14/06 – Día en Familia no Monte Vixiador

  • Cando: Domingo, 14 de xuño de 2026 ás 12:30 h.

  • Onde: Monte Vixiador, Vigo.

  • Que faremos: Espazo de convivencia para familias LBT onde atoparnos, charlar, compartir experiencias…mentras as crianzas xogan e coñecen outras familias diversas!! 

  • Para as crianzas: Para que poidades conversar tranquilamente, de 15:00 h a 18:00 h contaremos con monitoras que prepararán unha chea de xogos dinamizados.

  • Que tes que levar? O teu xantar e moitas ganas de pasalo ben.

📝 Inscrición: Para poder organizar ben o espazo e o servizo de monitoras, por favor, cobre o seguinte formulario: Preme aquí para inscribirte.

🧠 18/06 – Coloquio: Saúde NB en procesos de transición médica

  • Cando: Xoves, 18 de xuño de 2026 ás 19:30 h.

  • Onde: Local de Nós Mesmas (Rúa Torrecedeira, 19, Vigo).

  • De que trata: Presentación da investigación realizada por Sabela Losada, psicóloga de Nós Mesmas, sobre as experiencias das persoas non binarias nos procesos de transición médica.

🎭 19/06 – Teatro: Historias de Orgullo

  • Cando: Venres, 19 de xuño de 2026 ás 19:30 h.

  • Onde: A Morada (Rúa Enrique X Macías, 4, Vigo).

  • A proposta: Unha sesión de teatro playback da man de Teatro Playback Galicia, onde as historias do público cobran vida sobre o escenario!

  • Entrada: Funcionará baixo a modalidade de entrada inversa (ti decides o prezo ao saír segundo as túas posibilidades), cun mínimo recomendado de 5 € para soster o traballo das artistas.

🚲 21/06 – Pedalada e Vermú Transmaricabibollo

  • Cando: Domingo, 21 de xuño de 2026. Saída da pedalada ás 11:30 h.

  • Onde: Saída desde o Paseo de Alfonso e fin na Sede de Nós Mesmas (Rúa Torrecedeira, 19).

  • O plan:

    • 11:30 h – Percorrido en bicicleta desde o Paseo de Alfonso (saída ás 11.30h, sinxelo, apto para crianzas) ata a nosa sede e, despois, festiña vermú con xantar e actuación musical de M2.

  • Como participar? Podes acudir coa túa bici ben decorada e visible ao Paseo de Alfonso para facer o camiño connosco, ou unirte directamente na asociación para o vermú. Ti elixes!

Fagamos rede, fagamos comunidade! Vémonos moi pronto!