O programa da Presidenta Bollera: Todo o que precisas saber sobre o Festival LBTIQ+

 

Cultura radical, visibilidade e vicio do bo o vindeiro 25 de abril na Morada (Vigo)

Por fin sae á luz o segredo mellor gardado! Se pensabas que os programas electorais eran aburridos, é porque nunca lerás un escrito por bolleras, viciosas, travelas e marimachas.

En Nós Mesmas non prometemos pontes nin baixadas de impostos rancias; prometemos cultura radical, visibilidade e vicio do bo. O vindeiro 25 de abril en A Morada (Vigo), a nosa Presidenta Bollera Fernández Travela toma o poder e este é o seu plan de goberno para un día inesquecible.

🗓️ Programa do Festival

Aquí tes o despregue de actividades que temos preparadas para o sábado:

Sábado pola mañá :)

  • 12:00h – Apertura e reparto de agasaios: Non chegues tarde se queres o teu!

  • 12:30h – Unha Señora Orquestra: Coa actuación de Ailen Kendelman.

  • 14:00h – Xantar colectivo: Trae o teu tapper ou podes mercar alí o teu prato. Un momento para compartir e facer tribo.

Sábado pola tarde :)

  • 16:00h – Andrea Nunes e Leticia Citoula presentan «Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas».

  • 17:00h – Lucía Aldao: PAVA Bollera.

  • 18:00h – Pausa: Momento de picoteo e bailoteo para coller forzas.

  • 18:30h – LaKeNoBaila e Mambis: Sesión de Djs cuirs para facer arder a pista.

  • 19:30h – DragKing Bingo Solidario: Con Milo Bambino. Marabillosos premios! Lembra que a recadación irá destinada ao noso Bote Solidario.

⚠️ Información Importante

  • Entrada: É de balde, pero cómpre facer a reserva previa para non quedar fóra. Podes facelo nesta ligazón: Entradas Festival Cultural LBTIQ+

  • Crizanzas: Se vés con peques, reserva a súa praza no espazo de crianzas (elas non precisan entrada): Formulario para crianzas

  • Xantar: Trae o teu tapper para compartir ou para ti. Aínda non temos confirmado se haberá opción de xantar alí, así que mellor vir preparada/o/e para non andar de aquí para alá.

Non faltes ao plan de goberno máis agardado do ano! Vémonos en Vigo!