BOLLERA FERNÁNDEZ TRAVELA PRESIDENTA: Ocupamos o poder no II Festival Cultural LBTIQ+

 

Vigo, 25 de abril de 2026 – Xa abonda de pedir permiso. Se a política institucional se converteu nun circo de machismo rancio e lgtbifobia sen filtros, en Nós Mesmas decidimos presentar a nosa propia candidatura. Non buscamos votos, buscamos vicio, cultura e visibilidade.

Chega o día da Visibilidade Lésbica e con el o noso II Festival Bolleras, Viciosas, Travelas e Marimachas, unha xornada que máis que un evento cultural, é un golpe de estado simbólico contra quen nos quere caladas e nos recunchos da historia.

 

🗳️ Por que esta «presidencia»?

Tras o éxito de certas figuras mediocres no panorama político, reivindicamos a nosa axenda: o talento das mulleres LBT e o poder transformador das persoas non binarias. O que antes usaban como insulto para tentarnos ferir, hoxe é a nosa medalla de campaña: somos as bolleras, as viciosas, as travelas e as marimachas que van construír o futuro.

 

📍 Onde e cando nos vemos?

A cita electoral coa cultura máis rebelde terá lugar en A Morada Cooperativa, un espazo de resistencia e sororidade en pleno corazón de Vigo.

  • 📍 Lugar: Rúa Enrique Macias, 6, Vigo.

  • 📅 Data: Sábado, 25 de abril de 2026.

  • 🕒 Horario: De 12:00h a 20:00h.

 

🎟️ Reserva a túa praza (É de balde!)

A entrada ao festival é gratuíta, pero o aforo é limitado. Non quedes fóra desta revolución cultural e asegura o teu sitio agora mesmo:

👉 https://www.entrapolis.com/entradas/ii-festival-cultural-lbtiq-bolleras-viciosas-travelas-e-marimachas

 

🧸 Espazo de Crianzas: Conciliación Marimacha

Queremos que todas as familias poidan participar. Por iso, contaremos cun espazo específico para as máis pequenas, garantindo que a cultura LBT+ sexa accesible para todas. Se precisas facer uso deste servizo, inscríbete no seguinte enlace:

👉 https://forms.gle/1mzx9wSG8gwj3iibA

 

📢 En breve revelaremos a programación completa

Música, performance, faladoiros e moito máis. Mantente atenta ás nosas redes sociais.

 

Este proxecto é posible grazas á financiación da EuroCentralAsian Lesbian Community (EL*C) e a Unión Europea e este manifesto visual non sería posible sen o talento das compas de Muller6ollos, que souberon captar á perfección a esencia desta campaña: forza, ironía e moita estética bollera.

 

O futuro será marimacha ou non será. 🏳️‍🌈💜