somos hype! mocidade lgtbiq+ con ganas de brillar, loitar e transformar.
Somos Hype! é un termo moi popular que utilizamos para expresar entusiasmo, emoción e expectación por algo positivo. E así é este espazo, xa que como mocidade LGTBI+ somos enerxía, queremos emocionarnos e expresar(nos) sen tapuxos nin complexos!
Este proxecto trata de crear espazos de apoio e benestar, onde tecer redes con máis mocidade, a educación emocional e o autocoidado sexan claves! Contaremos con actividades de lecer onde coñecernos e aprender, crearemos campañas de visibilización da realidade da mocidade LGTBI e promoveremos valores de solidariedade, igualdade de xénero e loita contra a discriminación lgtbifóbica.
Se tes entre 14 e 30 anos, participa! Podes sumarte a todo ou ben ao que máis che preste!!!
Teremos charlas de sexoloxía, curso de costura no que crear a túa propia tote bag, un obradoiro circense e outro de cócteles sen alcohol… ademais de crear unha campaña para dar visibilidade á nosa realidade como mocidade, encontros de mocidade, etc.
As actividades que realizaremos dentro do SomosHype! son todas de balde, xa que as financiaremos a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.


